13 diciembre 2007

A Gaita Galega


A gaita é un instrumento de vento que destaca como un dos elementos da música tradicional e do folclore galego. Esta formado por un pequeno saco chamado fol e varios tubos unidos a el: punteiro, soprete e roncón ou ronco. A gaita é coñecida nos distintos lugares do mundo con moitos outros nomes, como por ejemplo: musa, cornimuse, estive.... No caso concreto de Galicia a gaita créese que é de orixe celta.



A gaita galega clasifícase na categoría das cornamusas europeas, que teñen como características esenciais o sistema de insuflación bucal, o punteiro cónico de lengüeta dobre e o bordón ou bordóns de lengüeta sinxela.






O modelo primitivo componse das seguintes partes fundamentais: un fol, de pelello de cabra, o soprete (tubo polo que se insufla o aire), o punteiro (tubo no que se toca a melodía, con buratos para os dedos) e un ou ás veces tres tubos sonoros que só dan unha nota continua a modo de bordón (o máis longo é o roncón ou ronco, os outros ronqueta e chillón). Os tubos están constituidos xeralmente de madeira de buxo.







En Galicia existen tradicionalmente tres tipos de gaitas coas mesmas características esenciais pero que varian na súa altura tonal.

  • Gaita grileira: modelo que ten un son achegado o “Re” natural, a máis aguda de todas. O seu son é duro e estridente. É a máis primitiva ainda que tivo pouco éxito, e só se comenzou a construir de maneira generalizada a finais do século XX.
  • Gaita redonda ou normal: de maior tamaño, soa nun tono próximo o “Do”. É a máis común.
  • Gaita tombal ou roncadora: é a máis grande das tres, e está nunha tonalidade grave, achegada ao “Si bemol”.

Video “Aranga e mariñana”:




Lucía Fouz - 4º ESO

No hay comentarios: