10 diciembre 2007

A ACTUACIÓN MUSICAL MAIS LONGA DA HISTORIA TEN NACIONALIDADE GALEGA:

Hoxe queríamos falarvos doutra grande orquestra do noso panorama. Non estou a falar da orquestra Panorama, ainda que esta tamén é unha grande orquestra. Estou a falar da orquestra récord guiness OLYMPUS, natural de Negreira. E é que as orquestras galegas parecen ser as mellores das provincias españolas, a lo menos eso é o que nos están demostrando.

No caso da Olympus, hai que dicir que ultimamente saiu moito nos medios de comunicación por tentar e, sobre todo, por conseguir batir un récord: o de votar 24 horas seguidas enriba do escenario, tocando, cantando e bailando. Os catorce compoñentes da orquestra Olympus comenzaron a tocar a medianoite do mércores 31 de outubro en Negreira. Estiveron en todo momento arroupados por unhas 30.000 persoas, un público disposto a aguantar 24 horas apoiando a hazaña dos integrantes da orquestra Olympus. Ata Negreira achegaronse miles de fans da banda chegados non só de Galicia, senón que asturianos, leones, portugueses,… viñeron a grande festa que se montou. E aguantaron eles, e aguantou a orquestra. A tentativa de batir o récord guiness que estaba en 16 horas seguidas tocando, culminou coa incrible interpretación de Danni, que puxo a guinda a velada interpretando “We are the Champions”. E entón o enorme reloxo do tempo púxose a 0 e a hazaña estaba conseguida. Os cantantes sen voz, os músicos esgotados e a xente eufórica, todos celebraron a finde de festa orgullosos de que unha orquestra galega xa forme parte da historia do Libro Guinness dos Récords.


Os heroes teñen nomes: Peke, Kristie, Danni, Lucky e Yanko, as voces; Jesús, Luis, Óscar, Marval e Mero, nos instrumenos de ritmos, e o Pollo, Noelio, Felipe e Roberto nos metais, xunto o técnico Luis Parada e os seus compañeiros de montaxe.




Recomendámovos que en canto poidades, acudades a ver esta grande orquestra. De seguro que non vos iredes defraudados.


José Tomé - 4ºESO

1 comentario:

Anónimo dijo...

Tendo en conta que o dono desta orquestra estivo preso por tráfico de cocaina pois, non se me ocurre mellor maneira de aguantar 24 horas ou 24 días.
En fin, se esto é ó que se lle da mérito, vaia por Deus.