Este verán que acaba de rematar puidemos ver a orquestra París de Noia
nun milleiro de festas, e en todas elas lograron reunir un abundante público
Os seus 13 (nótase que non son supersticiosos) componentes fannos desfrutar de fabulosas noites ó son das súas cancións. Vouvos decilos nomes dos seus membros: Yosvel nos teclados, Carlos na guitarra, Manuel o batería, Wilson coa trompeta, Leandro co saxo, Miro co trombón, Moncho coa trompeta, Marcos é o percusionista e Janet é a baixista do grupo. Blas, David, Vanesa e Ruth son as voces da orquestra, as caras bonitas nas que máis nos fixamos.
Na súa web podemos ver como moitos galegos e galegas seguen os seus movementos para ir a velos a onde estén. Son moitos os fans cos que contan, moitos deles de fóra de Galicia.
Recoméndovos, se tedes un ratiño, entrar na súa páxina web oficial, www.parisdenoia.es, e ver o impresionante escenario co que contan. Tamén podedes ver videos das súas actuacións, coma este que vos deixo por si vos animades a coñecer máis a fondo a esta orquestra da nosa terra. Veredes como unha vez que visionedes o video, non podedes deixar de “investigar” máis información sobre esta maravillosa orquestra e de seguro vos animades (se non a vistes xa algunha vez) a acercarvos a vela a súa seguinte actuación (agora están de vacacións ata o 18 de xaneiro do próximo ano).
dúas orquestras nos gusta máis?
Pablo Cancela Núñez - 4º A
6 comentarios:
Está muy bien, me ha gustado mucho
Está muy bien, me ha gustado mucho
Está muy bien, me ha gustado mucho
Realmente fixeches unha entrada excelente, Pablo.
Cando queiras, podes facer a que queiras, porque de seguro que son todas así de interesantes.
Felicidades.
A verdade é que non me gustan en absoluto ninguha das orquestras que nombrades. Parécenme moita pantomima pero pouca música.
Quédome con Trovadores.
Publicar un comentario