Escolta...Entzun...Écoute... Hör...Escute...Ακούστε...Слушайте...Ascolta... (Blog del Aula de Música)
26 febrero 2014
22 mayo 2008
CRISTINA PATO


Es una gaitera y pianista gallega, nacida en Ourense, en el año 1980. Sacó su primer disco muy joven, a los 18 años; se titulaba Tolemia, y fué un gran éxito en ventas. Tras sacar este disco, Cristina cogió mucha mas fama, al participar en el Final del Milenio, ya que este concurso fue retransmitido por distintas televisiones nacionales del mundo ( TVE, BBC, CNN entre otras) y participó en giras con grupos como The Chieftains y Cherish The Ladies.A los 20 años sacó su segundo disco titulado Xilento, nombre que significa hambriento y ambicioso.
En concierto: Bag á l´ame.
Adrián López López - 3ºC
24 abril 2008
O Baile Tradicional Galego (II)
Este é un baile que se caracteriza de entrada por tres cuestións básicas:
- Nunha pandeiretada o instrumento principal é a pandeireta.
- Esta pandeiretada é unha muiñeira.
- O estilo da bisbarra manifestase claramente.
En canto o estilo do baile, as peculiaridades preséntanse no movemento dos brazos dos bailaríns e nunha volta de remate que levan tódolos puntos. Os paseos, ao igual cos puntos, están moi elaborados.
Este baile ía acompañado dun canto que fai referencia as labores da fía, polo que se pode imaxinar que se bailaba nas fiadas.
Fías, fiadas, fiadeiros ou fiandóns tiñan gran repercusión porque eran importantes actos sociais nos pobos e nas aldeas.
Para fiar empregaban as rocas e os fusos que eran diferentes segundo fosen de liño ou lá.
A xente fiaba en calquera momento, pero nos fiadeiros facíase con maior intensidade, tiñan carácter comunal e comezaban polo nadal. As mozas collían as súas rocas, fusos, fío, un tallo e ían para a casa onde se había fiar. Polas nove da noite, xa no curral, empezaban a fiar nais e fillas, despois ían chegando os mozos, falaban e rían coas mozas, cantaban e por suposto tamén bailaban.
1. C.C. María Castaña: “Arredor da Vida. O traxe e o baile nas terras de Lugo”, Ophiusa, 1993.
2. I. Rodriguez Pérez, C. Pérez Arias: “Método de Baile Galego, Iniciación”, Ophiusa, 1994.
A David L.B. por compañeiro e por axudarme a grabar este baile que tantas veces bailamos durante o verán.
A Laura F.B. por tocar e cantar para nós, por ensinarnos este baile e por acercarme as novas tecnoloxías.
Lucía Fouz - 4ºESO
O Baile Tradicional Galego (I)

A danza pode definirse como a actividade espontánea dos músculos baixo a influencia dalgunha emoción intensa, como a ledicia social ou a exaltación relixiosa. Tamén pode definirse como a combinación de movementos harmoniosos feitos só polo pracer que ese exercicio proporciona ao danzante ou a quen o mira. Trátase de movementos coidadosamente ensaiados, que o danzante pretende representen as accións e paixóns doutras persoas.
Enténdese como baile a acción feita espontáneamente, e como danza, aquela peza de baile que ten uns movementos estudiados e preestablecidos.
O home bailou antes de falar, empregou o baile como o seu primeiro medio de comunicación, a través dunha sucesión de movementos que o resto dos seus conxéneres foi asociando e entendendo.
Primeiro, a súa interpretación foi del só, máis adiante xa participan outros individuos, comezan a bailar en roda facendo cada un libremente os movementos que quere. Despois vén a uniformidade, todos fan o mesmo movemento que o bruxo ou o xefe da tribu indica, son os primeiros mestres de baile. Os movementos vanse facendo cada vez máis estudiados, os bailes empezan a ter un sentido novo.
Aparece o carácter máxico-relixioso, repítense determinados movementos que serven para que as divinidades estean contentas, para afasta-los malos espíritos, para curar, etc.
Facendo un pouco de historia é preciso destacar que a aprendizaxe do baile dun xeito regrado non é algo novo da nosa época, xa existía na antigüidade só que probablemente o acceso a esta aprendizaxe correspondíalle as clases sociais máis privilexiadas.
Aínda que a maioría dos nosos devanceiros non tiveron a ocasión de asistir a clases de baile, tamén tiñan os seus xeitos de aprendizaxe e, por suposto, bailaban. Xuntábanse nas fiadas, ruadas, segas, mallas… aprendían do bailarín que tiña boas calidades e imitábano. Noutras ocasións xuntábanse para ensaiar e preparar puntos para bailar porque había rivalidade entre aldeas e parroquias. Ensaiábanse tamén as danzas gremiais e procesionais.
Hoxe en día, salvo raras excepcións, estase deixando de bailar do xeito que se facía antes. O baile tradicional galego estase practicando só nos grupos de folclore, o pobo xa non o asume como divertimento, deixou de ser popular.
Os bailes diferéncianse entre sí por tres parámetros:
- como se move o corpo
- que partes do corpo se moven
- cal é o xeito de xunta-los movementos
O conxunto que resulta destas tres premisas, é o que chamamos estilo. O estilo diferencia o tipo de baile que estamos facendo, xa que unha jota non se parece a unha muiñeira.
Outra cousa é o xeito de facer das diversas bisbarras que compoñen, neste caso, o territorio galego porque un mesmo baile aparece de forma distinta ó ser diferente a zona onde se baila, falamos do estilo da bisbarra.
Hai que ter en conta tamén o estilo persoal de cada bailarín, que ten unha forma de facer propia.
Polo tanto pódese dicir que o estilo do baile é o xeito de facer o baile e atópanse tres estilos:
- O estilo do baile, que vai definir que tipo de baile é.
- O estilo da bisbarra, que di onde se baila.
- O estilo persoal, que fala de quen o baila.
Lucía Fouz - 4º ESO
13 diciembre 2007
A Irmandade Das Estrelas
Nació en Vigo en 1971, y comenzó a tocar la gaita gallega a los ocho años. Estudió en el Colegio Martín Codax (Vigo). A los doce, era invitado para tocar en la Orquesta Sinfónica de Lorient y en 1989 grabó junto al grupo irlandés The Chieftains la banda sonora de la película La Isla del Tesoro, con los que seguiría colaborando hasta ser conocido como el séptimo Chieftain.
Núñez además completó su formación en la enseñanza académica obteniendo la calificación de Matrícula de Honor y Premio Extraordinario Fin de Carrera (Cum Laude) en el instrumento flauta de pico por el Real Conservatorio Superior de Música de Madrid.Es un estudioso incansable de la música celta y en el panorama internacional se le considera un erudito del tema. Sus investigaciones siguen básicamente dos líneas relacionadas entre sí: el origen de la música celta y su fusión con las músicas del mundo actuales. Su interés por el tema le ha llevado a recorrer el globo y a relacionarse con músicos y artistas de los países que ha visitado, para luego plasmar sus conocimientos y experiencias
En 1996 publica su primer disco, A Irmandade das Estrelas que supuso el boom de la música celta en España. En este disco, Núñez se centra sobre todo en la exploración de su Galicia natal con aportes irlandeses.En febrero de 2007, en la misma semana de los Oscar, Carlos Nuñez publicó la versión española de "Cinema do mar", distinta a la francesa.
Incluye temas con Ryuichi Sakamoto y Dulce Pontes que no se incluyeron en la versión francesa de 2005.
Noelia Prieto Gonzalez - 3ºD
A Gaita Galega


- Gaita grileira: modelo que ten un son achegado o “Re” natural, a máis aguda de todas. O seu son é duro e estridente. É a máis primitiva ainda que tivo pouco éxito, e só se comenzou a construir de maneira generalizada a finais do século XX.
- Gaita redonda ou normal: de maior tamaño, soa nun tono próximo o “Do”. É a máis común.
- Gaita tombal ou roncadora: é a máis grande das tres, e está nunha tonalidade grave, achegada ao “Si bemol”.
10 diciembre 2007
A ACTUACIÓN MUSICAL MAIS LONGA DA HISTORIA TEN NACIONALIDADE GALEGA:
Hoxe queríamos falarvos doutra grande orquestra do noso panorama. Non estou a falar da orquestra Panorama, ainda que esta tamén é unha grande orquestra. Estou a falar da orquestra récord guiness OLYMPUS, natural de Negreira. E é que as orquestras galegas parecen ser as mellores das provincias españolas, a lo menos eso é o que nos están demostrando.No caso da Olympus, hai que dicir que ultimamente saiu moito nos medios de comunicación por tentar e, sobre todo, por conseguir batir un récord: o de votar 24 horas seguidas enriba do escenario, tocando, cantando e bailando. Os catorce compoñentes da orquestra Olympus comenzaron a tocar a medianoite do mércores 31 de outubro en Negreira. Estiveron en todo momento arroupados por unhas 30.000 persoas, un público disposto a aguantar 24 horas apoiando a hazaña dos integrantes da orquestra Olympus. Ata Negreira achegaronse miles de fans da banda chegados non só de Galicia, senón que asturianos, leones, portugueses,… viñeron a grande festa que se montou. E aguantaron eles, e aguantou a orquestra. A tentativa de batir o récord guiness que estaba en 16 horas seguidas tocando, culminou coa incrible interpretación de Danni, que puxo a guinda a velada interpretando “We are the Champions”. E entón o enorme reloxo do tempo púxose a 0 e a hazaña estaba conseguida. Os cantantes sen voz, os músicos esgotados e a xente eufórica, todos celebraron a finde de festa orgullosos de que unha orquestra galega xa forme parte da historia do Libro Guinness dos Récords.
Os heroes teñen nomes: Peke, Kristie, Danni, Lucky e Yanko, as voces; Jesús, Luis, Óscar, Marval e Mero, nos instrumenos de ritmos, e o Pollo, Noelio, Felipe e Roberto nos metais, xunto o técnico Luis Parada e os seus compañeiros de montaxe.
Recomendámovos que en canto poidades, acudades a ver esta grande orquestra. De seguro que non vos iredes defraudados.
José Tomé - 4ºESO
29 noviembre 2007
Porque me da la gana, Orquesta Panorama
En Octubre de 1989 nace la Orquesta Panorama, lo que son 18 años haciéndonos disfrutar de una gran música acorde a todos los gustos, y una magnífica puesta en escena por parte de sus componentes.Si algo identifica a esta orquesta, es la alegría que transmite a la gente que se acerca a sus actuaciones y la complicidad con su público. Un magnífico espectáculo que no disgusta a nadie y que nos hace disfrutar verbena tras verbena.
Una de las claves del éxito de esta orquesta ha sido el gran despliegue de medios, unido al amplio repertorio que muestran en cada una de sus actuaciones, lo que ha llevado al público a respaldarlos año tras año. La Orquesta Panorama se encuentra situada en el nº2 del Ranking de las mejores orquestas de Galicia.
Anímate y disfruta con todos los que, como yo, ya somos sus seguidores.
Elena Veres - 4º C
11 noviembre 2007
PARIS DE NOIA: UNHA DAS GRANDES ORQUESTRAS DE GALICIA
Este verán que acaba de rematar puidemos ver a orquestra París de Noia
nun milleiro de festas, e en todas elas lograron reunir un abundante público
Os seus 13 (nótase que non son supersticiosos) componentes fannos desfrutar de fabulosas noites ó son das súas cancións. Vouvos decilos nomes dos seus membros: Yosvel nos teclados, Carlos na guitarra, Manuel o batería, Wilson coa trompeta, Leandro co saxo, Miro co trombón, Moncho coa trompeta, Marcos é o percusionista e Janet é a baixista do grupo. Blas, David, Vanesa e Ruth son as voces da orquestra, as caras bonitas nas que máis nos fixamos.
Na súa web podemos ver como moitos galegos e galegas seguen os seus movementos para ir a velos a onde estén. Son moitos os fans cos que contan, moitos deles de fóra de Galicia.
Recoméndovos, se tedes un ratiño, entrar na súa páxina web oficial, www.parisdenoia.es, e ver o impresionante escenario co que contan. Tamén podedes ver videos das súas actuacións, coma este que vos deixo por si vos animades a coñecer máis a fondo a esta orquestra da nosa terra. Veredes como unha vez que visionedes o video, non podedes deixar de “investigar” máis información sobre esta maravillosa orquestra e de seguro vos animades (se non a vistes xa algunha vez) a acercarvos a vela a súa seguinte actuación (agora están de vacacións ata o 18 de xaneiro do próximo ano).
dúas orquestras nos gusta máis?
Pablo Cancela Núñez - 4º A