29 mayo 2008

A KALIMBA



A Kalimba é un instrumento musical extendido por gran parte de África. Recibe diferentes nomes segundo a rexión xeográfica onde se situe: malimba, mbira, kisaanji, likembe, sanza...


Este idiofono ten un xogo de laminas de diferentes tamaños, é duro pero é flexible como o metal. Estan fixadas a unha ponte que produce sons ao ser pulsada cos dedos. Segundo o largo das láminas vibrarán con máis velocidade ou menos, o que provoca diferentes notas. Se afinan alargando ou disminuindo a súa lonxitude.


A caixa de resoancia ten multitude de formas. Nun principio era moi estreita, como se aprecia na primeira fotografía, pero ao longo do tempo foi perfeccionandose para conseguir mellores sons, polo que se ancheceu para que houbese máis oco.


A particularidade deste instrumento é que se toca cos dedos pulgares e con moita precisión xa que hai moi pouco espacio entre cada lamina. Aínda que é un instrumento sinxelo dá lugar a moitos sons polo que se crean cancións tan bonitas como neste video que vos deixo aquí.




Leila Carreira López - 1ºBAC B

No hay comentarios: