15 enero 2008

O NADAL: TEMPO DE AMOR E SOLIDARIDADE… ¡QUE DIGO, OH!: TEMPO DE DERROCHE E EGOÍSMO


Nestas datas tan adicadas a sabe Deus qué (algúns dín que celebramos que Xesús naceu nun pesebre alá en Belén), a xente só pensa en luxos, en derrocha-los cartos da paga extraordinaria, en comer ben e beber ben, en ser solidarios unha vez no ano … Que si mariscos, que si doces, que si agasallos, que si xoguetes, … Vale calquera excusa para gastar: que si ven un gordo zarrapastroso vestido de vermello (si oh!, ese que din que inventaron os da Coca-cola), e para que os nenos non perdan a ilusión deixa agasallos na cheminea (dos que a teñen, como eu non tiña nunca me trouxo nada). E claro, con iso non basta, a noite do 5 de xaneiro, víspera de Reis, resulta que pasan os Tres Reis Magos de Oriente (Melchor, Gaspar e Baltasar), e de novo, máis agasallos. Estes tres non se lucen moito, só che traen roupa ou libros. Claro, os xoguetes esgotounos o Santa Claus, ou Papa Noel, en fin, ese gordo zarrapastroso vestido de vermello.

Pero non me quero olvidar das grandes enchentas que temos no Nadal. A Noiteboa, na que mentres ceamos ricos manxares (malgastando a extraordinaria) oimos de lonxe a mensaxe regrabada do Rey de España, para os amigos Carliños (“Me llena de orgullo y satisfacción, …”¿alguén se acorda do que dixo?); o día de Nadal, con máis comida e bebida; a Noitevella, que acaba durando máis de 24 horas e na que ninguén pode parar de brindar polo ano novo; o día de Reis, … Bufffffffff!!!!!!!

E claro, despois de pasar uns quince días comendo, bebendo, durmindo pouco e festexando moitísimo, chega a coñecidísima costa de xaneiro.


E preguntome eu:

¿cómo non nos vai custar subila, se non paramos de comer e de beber de festa en festa?


Pablo Cancela Núñez - 4º GDC

No hay comentarios: