26 abril 2011

Visita ao Centro De Artesanía e Deseño de Lugo (CENTRAD)


O pasado venres 25 de marzo, o alumnado de 4º da E.S.O de música bilingüe deste centro fumos facer unha visita ao Centro de Artesanía e Deseño de Lugo e realizamos unha entrevista a un dos principais luthiers encargados da reconstrución dos instrumentos do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela.

Pero non todo foi tan fácil como parece: primeiro tivemos que informarnos a través de diversas páxinas de internet, facilitadas polo noso profesor. Despois tivemos que pensar e poñernos dacordo entre todos sobre as preguntas que íamos realizar. Para finalizar o traballo, antes de realizar a entrevista buscamos o teléfono e o correo electrónico do antedito luthier, Luciano Pérez, para contactar con el. Finalmente decidimos chamalo e concretamos a data da entrevista.

Ao chegar alí estabamos todos un pouco nerviosos pero, en canto comezamos a entrevista, relaxámonos rapidamente. Na entrevista explicounos todo o proceso para realizar o traballo de reconstrución dos instrumentos. Falounos de tódalas persoas que lle axudaron a realizar este traballo, do seu pai e do seu avó (cofundador do obradoiro de instrumentos musicais). Falounos tamén de tódolos materiais que utilizaron, a que temperatura se deben conservar os instrumentos para que non se deterioren, etc.

Luciano foi moi amable concedéndonos esta entrevista e no momento no que nos puxemos en contacto con el, non puxo ningún inconveniente en atendernos.
Ao finalizar esta entrevista acompañounos ata o obradoiro onde se fabrican os instrumentos e alí deixounos con outro artesán que estaba a fabricar un instrumento. Alí amosáronnos todos os materiais cos que se traballa, os instrumentos que se utilizan. Tamén faláronnos de como se deseñan os instrumentos noutros países, e que eles o fan todo a man xa que era como se facía antes. No obradoiro tamén estaba outro home fabricando un instrumento e o artesán explicounos que ese home e tres máis estaban alí facendo unha especie de practicas.

Ao terminar a visita, Luciano agasallounos cun libro sobre os instrumentos de corda reconstruídos no obradoiro a partir das representacións en pedra no Pórtico da Gloria e no Pazo de Xelmírez. Decidimos donar este libro á biblioteca do instituto.

Podedes escoitar a entrevista neste reproductor:



Sara Fernández Meijide
Noa González Arias
Marta Varela Vázquez
Álvaro Vázquez Vilar
Jony Fernández Gómez
4º ESO

14 abril 2011

Bob Dylan Revisited: un cómic musical



El cómic "Bob Dylan Revisited" ilustra 13 canciones míticas del compositor norteamericano, cada una de ellas adaptada por un dibujante distinto.