26 abril 2011

Visita ao Centro De Artesanía e Deseño de Lugo (CENTRAD)


O pasado venres 25 de marzo, o alumnado de 4º da E.S.O de música bilingüe deste centro fumos facer unha visita ao Centro de Artesanía e Deseño de Lugo e realizamos unha entrevista a un dos principais luthiers encargados da reconstrución dos instrumentos do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela.

Pero non todo foi tan fácil como parece: primeiro tivemos que informarnos a través de diversas páxinas de internet, facilitadas polo noso profesor. Despois tivemos que pensar e poñernos dacordo entre todos sobre as preguntas que íamos realizar. Para finalizar o traballo, antes de realizar a entrevista buscamos o teléfono e o correo electrónico do antedito luthier, Luciano Pérez, para contactar con el. Finalmente decidimos chamalo e concretamos a data da entrevista.

Ao chegar alí estabamos todos un pouco nerviosos pero, en canto comezamos a entrevista, relaxámonos rapidamente. Na entrevista explicounos todo o proceso para realizar o traballo de reconstrución dos instrumentos. Falounos de tódalas persoas que lle axudaron a realizar este traballo, do seu pai e do seu avó (cofundador do obradoiro de instrumentos musicais). Falounos tamén de tódolos materiais que utilizaron, a que temperatura se deben conservar os instrumentos para que non se deterioren, etc.

Luciano foi moi amable concedéndonos esta entrevista e no momento no que nos puxemos en contacto con el, non puxo ningún inconveniente en atendernos.
Ao finalizar esta entrevista acompañounos ata o obradoiro onde se fabrican os instrumentos e alí deixounos con outro artesán que estaba a fabricar un instrumento. Alí amosáronnos todos os materiais cos que se traballa, os instrumentos que se utilizan. Tamén faláronnos de como se deseñan os instrumentos noutros países, e que eles o fan todo a man xa que era como se facía antes. No obradoiro tamén estaba outro home fabricando un instrumento e o artesán explicounos que ese home e tres máis estaban alí facendo unha especie de practicas.

Ao terminar a visita, Luciano agasallounos cun libro sobre os instrumentos de corda reconstruídos no obradoiro a partir das representacións en pedra no Pórtico da Gloria e no Pazo de Xelmírez. Decidimos donar este libro á biblioteca do instituto.

Podedes escoitar a entrevista neste reproductor:



Sara Fernández Meijide
Noa González Arias
Marta Varela Vázquez
Álvaro Vázquez Vilar
Jony Fernández Gómez
4º ESO

14 abril 2011

Bob Dylan Revisited: un cómic musical



El cómic "Bob Dylan Revisited" ilustra 13 canciones míticas del compositor norteamericano, cada una de ellas adaptada por un dibujante distinto.




22 febrero 2011

Sonido y vídeo en una presentación de diapositivas insertada en el blog



Cuando elaboráis una presentación de diapositivas y la queréis subir a un servicio de alojamiento (Slideshare, Slideboom...) para poder insertarla en el blog, es habitual que os surjan problemas con el sonido de fondo o con los vídeos insertados en ella. En concreto, lo que suele pasar es que después de subirla al servicio de alojamiento, el sonido no se escucha al reproducir la presentación.

Os dejo un tutorial para que sepáis insertar una música de fondo, de manera que sí que se escuche al reproducir la presentación de diapositivas.


02 febrero 2011

Haikus pola Paz



O pasado día 30 de xaneiro celebrábase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz (DENIP): ese día fai 63 anos que morreu o Mahatma Ghandi. "Mahatma" significa "gran alma", e iso precisamente é o que tiña Ghandi, un corazón no que cabemos todos. Levou ao seu pobo á victoria rexeitando a violencia e a loita armada, instaurando métodos de loita social pacíficos pero non menos efectivos.

No instituto celebramos este día o 31 de xaneiro, dado que o 30 foi domingo. Os alumnos de música deron lectura aos Haikus que tiñan preparado ao longo dos días previos. Eses haikus, coa súa sinxeleza, abren unha xanela a través da que se pode ollar un mundo de paz, unha sociedade sen violencia, uns desexos dun futuro mellor para eles mesmos.

(Preme no libro para poder lelo a un tamaño máis cómodo e poder escoitar a preciosa música que os acompana)




No canal de Issuu de Biblioleiras podedes acceder a estes haikus e aos feitos por máis alumnos do centro para conmemorar ese día.